Como un mascato ergueito: homenaxe da Real Academia Galega a Bernardino Graña
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Liméns, Aldán, Punta Balea, Nerga, Os Castros, Cangas, Areamilla, Areabrava, Barra, Coiro, Donón… Dende Cabo Home vemos as Cíes e dende Beluso, as Ons… Velaquí a paisaxe, que recende a marusía, argazo, bocho e verdello. O cheiro a brea dos botes. A música dos estrobos na vogada. O vento nas velas… Celebramos hoxe o noso poeta e celebramos a súa ollada luminosa sobre o mundo, dende os salseiros das rías ás sentinelas de Cabo Estai, Punta Udra, Punta de San Vicenzo, Sálvora e onde queira que o mar nos leve, coma na música dos cancioneiros medievais, nos versos de Manuel Antonio, nas cantigas mariñeiras das tabernas de caíño, espadeiro e tintafemia, co gato axexando detrás das pipas.
Xosé María Álvarez Cáccamo, Lucía Novas, Alexandre Ripoll, Ana Romaní, Alexandre Nerium, Marta Dacosta Alonso, Ramón Lorenzo, Elvira Ribeiro Tobío, Héitor Mera, Miro Villar e Xesús Alonso Montero, que compartiu de neno pupitre escolar con Bernardino, celebramos o mar e a súa profecía. Celebramos o poeta, Bernardino Graña. Tal é a razón da festa que nos convoca.
Índice
- Víctor F. Freixanes. A festa que nos convoca
- Marilar Aleixandre . Como un mascato
- Xose María Álvarez Cáccamo. Oda mariña ás forzas e materias de Bernardino Graña
TEXTOS
- Xosé Luís Franco Grande,
Xosé María Álvarez Cáccamo . Febre no mar - Lucía Novas. Para a morte de Mark Tobey...
- Alexandre Ripoll. Quedei no bar en seco como un peixe
- Ana Romaní. Contra barullos
- Alexandre Nerium. ¿Cómo hei vivir mañá sen a luz túa?
- Marta Dacosta Alonso. Ante a cidade co mar manchado
- Ramón Lorenzo. O gato da tasca mariñeira
- Elvira Ribeiro Tobío. Oda mariña ás forzas de Patiño e Jackson Pollock
- Héitor Mera. Labios-uvas
- Miro Villar. Pregunto aos homes e mulleres do noso mar
- Gelria. Actuación musical
- Xesús Alonso Montero. Gabanza de Bernardino Graña Villar: da infancia a hoxe
- Bernardino Graña. Gran luz en novembro (Na morte do xeneral Franco)