Saudades de Valdeorras

Discurso Florencio Delgado Gurriarán

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

Número de depósito legal (17)

C. 625-2022

Data de publicación (11)

2022

Autores/as

Florencio Delgado Gurriarán
Autor/a
Xosé Gayoso Díaz
Autor/a

Resumo

O 5 de Nadal de 1980 rexístrase na secretaría da Real Academia Galega un escrito asinado polos académicos numerarios Valentín Paz-Andrade, Francisco Fernández del Riego e Xulio Francisco Ogando Vázquez no que se propón a Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo de Valdeorras, 1903) como académico correspondente desta institución en México. Na proposta salientan os académicos a súa condición de “inspirado poeta e patricio insiñe” e subliñan o seu compromiso coa lingua, a cultura e mesmo a dignidade política de Galicia naquelas terras americanas, en anos e circunstancias ben difíciles, protagonizando iniciativas que forman parte desa Galicia infinda da que el tanto falaba, capítulos moi cualificados da nosa historia contemporánea.

Nesta data sobranceira do 17 de maio de 2022, Día das Letras Galegas, reproducimos o discurso íntegro que o poeta redactou para aquela outra xornada de setembro de 1981, na súa recepción simbólica como académico correspondente e como membro fundador do Instituto de Estudos Valdeorreses.

O solemne acto no que foi lido o discurso de Florencio Delgado Gurriarán recollido no presente volume celebrouse o 6 de setembro de 1981 no Casino do Barco de Valdeorras.

Esta edición elaborouse a partir do mecanoscrito orixinal custodiado na Real Academia Galega.

 

Xunta de Galicia     Ministerio de Ciencia e Innovación

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.