Ideas, propostas e debates sobre a lingua (1916-1936): 1. Lingua nacional, idioma moderno
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
As dúas décadas que van de 1916 a 1936 adoitan considerarse unha etapa sobranceira no desenvolvemento da nosa lingua e cultura, que en boa parte foi protagonizado xustamente polas Irmandades da Fala, Nós e o Seminario de Estudos Galegos.
No plano lingüístico, o obxectivo fulcral de toda aquela constelación político-intelectual galeguista foi a resignificación do galego, erguelo da condición dialectal ao status de lingua nacional, distinta ao castelán e irmá do portugués. O que quedou como froito histórico do seu labor foron a modernización e habilitación do galego como lingua de cultura; a súa consagración como lingua oficial no Estatuto de Autonomía e a primeira tentativa institucional da súa codificación.
Damos agora ao prelo en dous volumes unha recompilación de escritos sobre o idioma producidos desde 1916 a 1936. Neste primeiro volume recóllense textos referentes ao status social, cultural e político do galego. No segundo reúnense outros referidos ao seu cultivo e elaboración, con atención especial ás achegas referidas aos problemas do desenvolvemento e fixación do galego escrito.
Índice
Limiar. Henrique Monteagudo
I. O idioma por riba de todo
II. A lingua no ensino e noutros ámbitos
III. A oficialización: Constitución da II República (1931) e Estatuto de Autonomía de Galicia (1932)
- Proxecto de Constitución. Artigo 4.º: emendas, debate e redacción definitiva
- Proxecto de Estatuto de Autonomía
IV. Referencias bibliográficas