Ideas, propostas e debates sobre a lingua (1916-1936): 2. A demanda da norma

Cuberta Anexo BRAG 8

Descargas

Colección

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-13 (15)

978-84-17807-26-9

Número de depósito legal (17)

C. 1749-2023

Data de publicación (11)

2023

Autores/as

Henrique Monteagudo
Editor/a literario/a
Mª Dolores Sánchez Vales
Editor/a literario/a

Resumo

As dúas décadas que van de 1916 a 1936 adoitan considerarse unha etapa sobranceira no desenvolvemento da nosa lingua e cultura, que en boa parte foi protagonizado xustamente polas Irmandades da Fala, Nós e o Seminario de Estudos Galegos.

No plano lingüístico, o obxectivo fulcral de toda aquela constelación político-intelectual galeguista foi a resignificación do galego, erguelo da condición dialectal ao status de lingua nacional, distinta ao castelán e irmá do portugués. O que quedou como froito histórico do seu labor foron a modernización e habilitación do galego como lingua de cultura; a súa consagración como lingua oficial no Estatuto de Autonomía e a primeira tentativa institucional da súa codificación.

Damos agora ao prelo en dous volumes unha recompilación de escritos sobre o idioma producidos desde 1916 a 1936. No primeiro volume recóllense textos referentes ao status social, cultural e político do galego. Neste segundo ,reúnense outros referidos ao seu cultivo e elaboración, con atención especial ás achegas referidas aos problemas do desenvolvemento e fixación do galego escrito.

Índice

Limiar. Henrique Monteagudo

I. Cultivo, elaboración e codificación da lingua

II. Tribúa aberta. A fala galega

III. Referencias bibliográficas

 

Deputación da Coruña          Xunta de Galicia

Ministerio de Ciencia e Innovación

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.