Máis alá do manifesto

Máis alá do manifesto. Discurso de ingreso de Kathleen March

Categorías

Detalles sobre o formato de publicación dispoñible: pdf

pdf

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-13 (15)

978-84-17807-29-0

Número de depósito legal (17)

C 1294-2023

Data de publicación (11)

2023

Autores/as

Kathleen N. March
Autor/a
Rosario Álvarez Blanco
Autor/a

Resumo

Discurso lido no acto da súa recepción, pola excelentísima señora dona Kathleen Nora March e resposta da excelentísima señora dona Rosario Álvarez Blanco.

O solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o día 23 de setembro de 2023 no auditorio Infanta Isabel do Balneario de Mondariz.

Kathleen Nora March, investigadora, ensaísta, crítica, tradutora, narradora, poeta e mestra, reflexiona sobre o que significa o acto da tradución, a súa importancia para a proxección da literatura galega e as posibilidades que brinda ir máis alá da tradución clásica apostando pola multimodalidade a través do teatro ou os audiolibros.

Tras a lectura do seu discurso, no acto de recepción, recitou as súas traducións ao inglés de poemas de autores e autoras galegos de distintos tempos, dende Pondal, Rosalía e Manoel Antonio ata Luz Pozo Garza, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alberto Avendaño, Xohana Torres, Emma Pedreira, Luísa Villalta e Marica Campo, que se ofrecen en pdf á parte.

 

Deputación da Coruña

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.