Do poñente ó nacente. Unha ollada desde Xapón á lingua e á cultura galegas

Discurso ingreso Takekazu Asaka

Detalles sobre o formato de publicación dispoñible: pdf

pdf

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-13 (15)

978-84-17807-40-5

Número de depósito legal (17)

C. 717-2024

Data de publicación (11)

2024

Autores/as

Takekazu Asaka
Autor/a
Francisco Fernández Rei
Autor/a

Resumo

Discurso lido no acto da súa recepción, polo excelentísimo señor don Takekazu Asaka e resposta do excelentísimo señor don Francisco Fernández Rei.

O solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 8 de xuño de 2024 no Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados.

No seu discurso, o académico de honra repasa a súa traxectoria de descubrimento e compromiso coa lingua galega, dende os seus inicios en 1977 ata a recente publicación de Os tres xograres da ría de Vigo. Detense tamén nos seus traballos de tradución da obra poética de Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas e Uxío Novoneyra, así como nos de divulgación da cultura galega no Xapón a través da organización de actos poéticos e concertos ou da publicación de guías culturais e intervencións en producións televisivas.

Acompáñase o discurso cun folleto encartable que recolle as letras dos poemas interpretados pola soprano Miho Haga e a pianista Kazumi Ogura na sesión plenaria extraordinaria da Real Academia Galega co gallo do ingreso de Takekazu Asaka.

 

Deputación de Pontevedra

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.