Análisis eisistencial do home galego enfermo

Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
Discurso lido no acto da súa recepción polo ilustrísimo señor don Domingo García-Sabell e resposta do excelentísimo señor don Ramón Otero Pedrayo.
O solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 20 de xuño de 1959 no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos, na Coruña. A presente edición elaborouse a partir dos manuscritos orixinais, conservados no arquivo da Real Academia Galega.
Domingo García-Sabell analiza dende unha perspectiva fenomenolóxica as relacións entre enfermidade, espírito e idiosincrasia, e as reaccións dos galegos fronte á doenza e mesmo fronte á morte, e contempla o emprego da antropoloxía médica como fonte de información fundamental para o diagnóstico de patoloxías.