La casa gallega

Discurso ingreso Xaquín Lorenzo

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición dixital

Data de publicación (11)

2024

Autores/as

Xaquín Lorenzo Fernández
Autor/a
Ramón Otero Pedrayo
Autor/a

Resumo

Discurso lido no acto da súa recepción, polo ilustrísimo señor don Xaquín Lorenzo Fernández e resposta do excelentísimo señor don Ramón Otero Pedrayo.

O solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 16 de setembro de 1951 no antigo refectorio do mosteiro de San Rosendo, en Celanova, dentro dos actos programados para conmemorar o centenario do nacemento de Manuel Curros Enríquez. Na sesión plenaria extraordinaria da Real Academia Galega ingresou tamén como académico de número Xesús Ferro Couselo.

No seu discurso Xaquín Lorenzo repasa a evolución das vivendas en Galicia, dende as achadas nos castros até as actuais “casas da beira da estrada”, e estuda os diferentes elementos presentes nelas, como patios, escaleiras, horreos ou sobrados, así como a súa adaptación ás necesidades produtivas dos seus moradores.

A presente edición elaborouse a partir dos manuscritos orixinais, conservados no arquivo da Real Academia Galega.

 

Xunta de Galicia          Ministerio de Ciencia e Innovación

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.