Alma d’a poesía gallega

Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
Discurso lido no acto da súa recepción, polo ilustrísimo señor don Amador Montenegro Saavedra e resposta do excelentísimo señor don Juan Barcia Caballero.
O solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 13 de decembro de 1909 no salón de actos do Ateneo León XIII de Santiago de Compostela.
O discurso de ingreso de Montenegro Saavedra é o primeiro en realizarse en lingua galega nunha tal solemnidade. Nel pretende probar que a inspiración para os poetas do país debe abrollar da fe, da patria e do amor, como tres eixos definitorios do pobo que debe encarnar a poesía. Eses tres elementos conforman a alma da poesía galega, “a forza que ha de darlle alento e ispirar ô poeta nos seus cantos”.
A edición dos textos realizouse a partir dos manuscritos conservados no arquivo da Real Academia Galega. Respectouse nela a redacción orixinal.