O malfadado don García, rei de Galicia

Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
Discurso lido no acto da súa recepción, polo ilustrísimo señor don Casimiro Torres Rodríguez e resposta do excelentísimo señor don Xosé Filgueira Valverde.
O solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 4 de marzo de 1979 no Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela.
A presente edición realizouse a partir dos manuscritos conservados no arquivo da Real Academia Galega. O discurso de Casimiro Torres verteuse ao galego seguindo as instrucións que o autor sinalou no orixinal.
O académico repasa a biografía de García (1041-1090), rei de Galicia que en 1073 foi apresado polo seu irmán Afonso VI, rei de León, e encarcerado no castelo de Luna, onde permaneceu até a súa morte. Analiza tamén a importancia da súa figura e as consecuencias da súa “malfadada” biografía.