Poemas escollidos de Papagaio
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
A celebración do Día das Letras Galegas deixa abertas de par en par unha morea de xanelas para se asomar en diante á obra de Luísa Villalta. Esta edición dixital constitúe unha nova porta a través da cal algúns dos seus poemas máis significativos se achegan á unha comunidade de falantes de máis de 600 millóns de persoas. Vikash Kumar Singh asina a tradución ao hindi de oito composicións de Papagaio, alfaia da literatura galega de comezos deste século que Villalta e a fotógrafa Maribel Longueira crearon xuntas arredor do derrubamento do barrio da prostitución da Coruña. Palabras e imaxes dialogan nun proxecto artístico e de denuncia da violencia machista, desta volta tamén noutra voz, noutra sonoridade.
Índice
- Víctor F. Freixanes. Novas xanelas para Luísa Villalta
- María López-Sández. Noutra voz
Poemas escollidos de Papagaio
- Per Amores
- Subía o verán as escadas entre as pernas abertas da Cidade...
- Para todas as portas valía unha única chave…
- Puta. Palabra que debería ser final e non comezo…
- A amizade ten flor que rebenta nas paredes…
- Que clase de espello nos perfora a alma?
- Tam en Vão
- Era un nome bonito que non lembro…
- Que clase de alimento merecemos?
- E caeu...
- Mentres escrebo, observo de esguello …