Breviario antológico de la literatura gallega contemporánea
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Para corresponder dalgún modo ao interese suscitado entre o público español de fala non galega pola literatura contemporánea na lingua de Rosalía de Castro e atendendo ao desexo expresado por numerosos profesionais do ensino, que senten a necesidade de dispoñer dunha selección de textos con tradución castelá e noticia dos autores, a Real Academia Galega tomou o acordo de editar as páxinas que seguen. Nelas recolléronse mostras da obra dalgúns dos máis destacados escritores entre os moitos que ilustraron a poesía e a prosa galegas desde o Renacemento romántico ata os nosos días.
O volume, en edición bilingüe galego-castelán, incorpora textos de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Antonio Noriega Várela, Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Amado Carballo, Manuel Antonio, Fermín Bouza Brey, Eduardo Blanco Amor, Rafael Dieste, Aquilino Iglesia Alvariño e mais Álvaro Cunqueiro.