Por que non hei de cantar?

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-13 (15)

978-84-17807-48-1

Número de depósito legal (17)

C. 692-2025

Data de publicación (11)

2025

Autores/as

Manuel Rico Verea
Autor/a

Resumo

O Día das Letras Galegas de 2025 está dedicado ás cantareiras Adolfina e Rosa Casás, de Cerceda, Asunción e Prudencia Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema, de Malpica, e Xosefa Eva Castiñeira, de Muxía. Mulleres labregas que personalizan unha homenaxe a todas as informantes, cantareiras e pandeireteiras que souberon gardar o legado poético e musical dos seus antepasados e transmitírllelo ós colectores e colectoras e tamén ás novas xeracións. Elas e eles foron case sempre informantes anónimos de todos aqueles que se dedicaron á recolleita deste tesouro musical e literario que xa Rosalía de Castro revalorizara con Cantares gallegos.

Desde frei Martín Sarmiento, frei Sobreira Salgado e o cura de Fruíme ata a actualidade contamos cun ronsel de cancioneiros con diferentes autorías nos que están ausentes, salvo casos moi concretos, os nomes das persoas que se encargaron de transmitir a literatura e a música de tradición oral. Será coa publicación do Cancioneiro popular galego de Schubarth e Santamarina cando estes informantes acaden o merecido recoñecemento e protagonismo en tanto que os consideraron como gardadores e divulgadores do prezado legado.

 

Xunta de Galicia          Ministerio de Ciencia e Innovación

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.