As rimas populares de Galicia de Manuel Murguía: Edición e estudo dos materiais conservados
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Murguía non conseguiu publicar en vida as Rimas populares de Galicia. Estas foron unhas nos primeiros anuncios, outras cando se preparou a edición de 1895, e aínda outras despois, porque hai constancia de que Murguía seguiu traballando nelas. A redacción da obra avanzou sen ningunha clase de traballo de campo; el limitouse a pedir e recoller o que lle enviaban, e tratar de poñelo no contexto da vasta bibliografía á que tiña acceso. O conxunto dos materiais que conformaron os sucesivos intentos de edición chegaron a un estado avanzado, posiblemente estivesen dispostos para entrar en imprenta.
Hoxe, unha vez máis, as Rimas populares de Galicia son outro libro: recóllense parcialmente na edición de Lois Carré, na transcrición lusitanizante de Florencio Vaamonde, nas poucas páxinas “definitivas” que conservamos de Murguía tanto na Real Academia Galega como na Fundación Barrié.
A pesar de todos os accidentes que puido ter, este legado, cuestionado en múltiples ocasións, mais indubidablemente auténtico, é esencial para profundar no estudo da poesía popular de Galicia, e aínda para reconsiderar os esquemas aceptados do romanceiro hispánico; é unha peza máis, modesta sen dúbida, para reconsiderar os esquemas dominantes sobre a tradición e a cultura popular no continente europeo.
