Da fala ao prelo (1800-1936): Textos en galego e sobre lingua e literatura galegas na Biblioteca da Real Academia Galega
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Agora que a Real Academia Galega cumpre 120 anos de vida é unha boa ocasión para darmos a coñecer parte do valioso material bibliográfico que se conserva na nosa institución, presentando un catálogo alfabético dos libros e dos folletos existentes na Biblioteca da Academia que foron publicados entre os anos 1800 e 1936 e que conteñen textos escritos en galego ou ben que tratan da lingua e da literatura galegas.
Con esta publicación queremos poñer en valor a importante colección bibliográfica que se conserva na Academia e con ela tamén pretendemos animar á lectura dese farturento tesouro da lingua preservado nos andeis da nosa Biblioteca.
O catálogo está precedido por unha breve introdución onde se dá conta da historia da Biblioteca da Academia, feita por Fernando Pereira González; e mais por un estudo da autoría de Xurxo Martínez González que nos ofrece unha visión de conxunto dos contidos do catálogo centrada nas imprentas e nos lugares de impresión, nos xéneros literarios e naquelas obras máis curiosas ou que merecen ser destacadas.
