Begoña Caamaño presenta Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle

Cuberta DLG 2026

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-13 (15)

978-84-17807-56-6

Número de depósito legal (17)

C. 809 -2026

Data de publicación (11)

2026

Autores/as

Begoña Caamaño
Autor/a
Ana Romaní
Editor/a

Resumo

Begoña Caamaño acompañou as súas novelas en presentacións, xornadas literarias, clubs de lectura e outros espazos de encontro co lectorado. Se con Circe ou o pracer do azul a actividade foi intensa, con Morgana en Esmelle a axenda estivo moi condicionada pola enfermidade e o necesario repouso que a súa doenza requiría. Mesmo así, o seu esforzo de acompañamento foi admirábel.

Presentamos nesta edición o relatorio da súa intervención nos VII Diálogos Literarios de Mariñán que, organizados pola Fundación Carlos Casares (2010), onde revisa a orixe da súa primeira novela, e o guión que elaborou para a presentación da segunda, Morgana en Esmelle, en Compostela en abril de 2012. Begoña Caamaño explica nestes dous escritos a xénese e horizonte das súas dúas novelas, a análise en que se asentan, os procesos, as motivacións e as ideas que as alimentan.

 

Xunta de Galicia          Ministerio de Ciencia e Innovación

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.