Cantigueiro popular

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

Número de depósito legal (17)

C. 186-1970

Data de publicación (11)

1970

Autores/as

Marcial Valladares Núñez
Autor/a
Ricardo Carballo Calero
Autor/a
Fermín Bouza Brey
Autor/a

Resumo

Autor dun dicionario galego-castelán, de numerosas composicións poéticas de xénea costumista e da primeira novela escrita en galego, Valladares estivo tamén atento á cultura do pobo facendo recollida de refráns, adaxios, adiviñas e cántigas de expresión popular, apañándoas amorosamente na súa bisbarra da Ulla, unha das máis fermosas e farturentas da nosa Terra.

Así, a edición do presente cancioneiro foi tirada dunha obra manuscrita polo propio autor con ordenada, elegante e clara caligrafía de nidio feitío decimonónico. Titulouno Cantigueiro popular e datouno no ano de 1867. Componse de dúas partes, precedidas dun pequeno prólogo xustificativo e, ao final, vai seguido dunha manchea de traballos. A primeira parte encétase coas Cántigas da Ulla, texto este que, cabalmente, sae hoxe da xerfa do inédito.

Edición realizada co gallo do Día das Letras Galegas de 1970.

 

Contido

  • Notas bio-bibliográficas
  • Marcial Valladares Núñez
    Ricardo Carballo Calero
  • Cantigueiro popular
    • Explicación previa
    • Facsímil do prólogo
    • Primeira parte
      • Epítome
      • Cántigas da Ulla
  • Achegos pra a bibliografía de Marcial Valladares como etnógrafo
    F. Bouza Brey

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.