Escolma de traballos
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Viqueira, formado no estudo nas universidades alemás e francesas, grande admirador da filosofía alemá, tiña unha visión universal da cultura e dentro dela do papel que lle correspondía a Galicia como creadora de formas particulares da cultura universal. Cría Viqueira que os pobos, e para el o galego era un pobo con propia personalidade, só crean formas universais de cultura cando expresan a verdadeira autenticidade da súa alma; e isto só poden facelo na súa lingua.
A súa idea da lingua galega era a dun filósofo e a dun poeta: como filósofo cría que a lingua vernácula era a mellor para expresar os misterios da alma galega, onde está a luz que lles trouxo Prometeo aos homes para facer deles semideuses; como poeta coidaba que esa lingua era a única capaz de expresar a fina sensibilidade artística galega.
Escolma de textos e introdución biográfica de Xoán Vicente Viqueira realizadas por Emilio González López co gallo do Día das Letras Galegas de 1974.
Contido
- Prólogo
- Xoán Vicente Viqueira (dados biográficos)
- A nosa lingua
- Divagaciós engebristas
- O galego na escola
- Nosos problemas educativos
- Da renascencia lingüística
- O meu lar
- Longe
- O meu castelo
- Malenconía
- Chegóu o outono