A gaita gallega: tocada polo gaiteiro, ou sea carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega e ainda mais
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
A Real Academia Galega enceta hoxe a publicación dalgúns textos literarios que son constituíntes básicos do noso corpo cultural. E faino en reproducións facsimilares das primeiras edicións. Serán libros doadamente accesibles. Dese xeito, cadaquén poderá dispor dunha colección ilustrativa do esforzo dos nosos devanceiros. O esforzo que levaron acabo para soerguer a lingua ás fecundas outuras da vida do espírito.
Iniciamos a nosa xeira coa obra de Xoan Manuel Pintos, A gaita gallega. A figura de Xoan Manuel Pintos e o alcance deste seu libro están xa ben estudados polos especialistas que disto se teñen ocupado. Aquí soamente cómpre subliñar, unha vez máis, o carácter reivindicativo de Galicia e da sua lingua que nas páxinas do escritor pontevedrés latexa con forza propia.
O presente volume é unha reprodución facsimilar da primeira edición, conmemorativa do 75 aniversario da fundación da Real Academia Galega.