Crónica troiana
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Estamos a ofrecer, neste libro, unha obra de importancia fundamental para o coñecemento da nosa lingua en profundidade e con rigor. Unha profundidade e un rigor que se botan ben de ver na magnífica introdución do profesor Ramón Lorenzo, catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e membro numerario da nosa Real Academia Galega.
Era de todo punto necesario dispoñer dun estudo e dunha edición, á altura dos nosos tempos, da Crónica troiana. Nela latexa, con pulo emocionante, o idioma galego escrito da época medieval, cos seus avatares, cos cambios, as metamorfoses, que se corresponden co intre histórico no que o venerable texto foi escrito.