A Xunta do Reino de Galicia no final do Antigo Réxime (1775-1834)

Manuel María de Artaza
Autor/a
Real Academia Galega
Editor/a
Fundación Barrié
Editor/a

Sinopse

A Xunta do Reino de Galicia é unha das institucións máis descoñecidas e mesmo esquecidas do noso Antigo Réxime. Esta Asemblea estaba constituída por sete deputados, rexedores dos concellos das antigas capitais de provincia, que se reunían baixo a presidencia do gobernador con obxecto de servir o Rei e o Reino. Esta breve definición recolle a importancia da Xunta, importancia sostida, tamén, pola súa longa traxectoria (desde o século XVI ata 1834). Non obstante, pouco se profundou na súa historia. Quen lea esta obra poderá formarse unha idea obxectiva e real do desenvolvemento cronolóxico da Xunta do Reino de Galicia, da súa orixe, estrutura, funcións, esplendor, decadencia, e final defunción no 1834.

Este libro de Manuel María de Artaza é un símbolo valioso de certos randeos que a nós os galegos nos definen ao longo da Historia.

Cuberta para A Xunta do Reino de Galicia no final do Antigo Réxime (1775-1834)
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-10 (02)
84-87819-61-3
Número de depósito legal (17)
C. 1402-1993
Data de publicación (01)
1993