Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume III: actitudes lingüísticas en Galicia

Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega
Autor/a
Manuel González González
Director/a
Modesto A. Rodríguez Neira
Coordinador/a
Arturo X. Pereiro Rozas
Coordinador/a

Sinopse

O presente volume do Mapa sociolingüístico de Galicia 2004 (MSG-04) está dedicado ás actitudes cara ás linguas en Galicia. É a terceira publicación monográfica dos resultados das enquisas sociolingüísticas realizadas a finais do ano 2004 sobre unha ampla mostra da poboación galega.

Neste traballo móstranse os resultados da medición directa das actitudes lingüísticas e doutros construtos relacionados como son as opinións, as predisposicións motivacionais e os estereotipos. Os contidos da monografía organízanse en dúas seccións diferenciadas:

  1. Unha Introdución Teórica na que se presentan os conceptos fundamentais relacionados con este eido de estudo, o marco teórico xeral no que se sitúa a investigación así como a análise diacrónica da investigación realizada sobre o fenómeno actitudinal en Galicia.
  2. O Estudo Empírico organizado coa estrutura convencional dun informe científico.

No último capítulo ofrécese unha síntese das principais conclusións que se derivan deste traballo e a discusión dos resultados en relación aos obtidos en estudos previos.

Pode solicitar un exemplar gratuíto da edición impresa desta obra (con gastos de envío) por correo electrónico.

Cuberta para Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume III: actitudes lingüísticas en Galicia

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-13 (15)
978-84-87987-49-6 (v.III)
Número de depósito legal (17)
C. 3204-2011
Data de publicación (01)
2011