Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume I: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia

Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume I

Descargas

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-13 (15)

978-84-87987-45-8 (v.I)

Número de depósito legal (17)

C. 799-2007

Data de publicación (11)

2007

Autores/as

Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega
Autor/a
Manuel González González
Director/a
Modesto A. Rodríguez Neira
Coordinador/a

Resumo

Tendo en conta o carácter dinámico das situacións sociolingüísticas e que nos últimos anos se produciron cambios importantes na sociedade galega, cumpría unha nova sondaxe sociolingüística que proporcionase información fiable e significativa da situación actual e da magnitude e natureza dos cambios ocorridos nos últimos anos. Transcorrido xa máis dun decenio da aplicación da enquisa que forneceu os datos para a elaboración do primeiro mapa sociolingüístico de Galicia (MSG-92), realízase esta nova pescuda (MSG-04) que debe servir para avaliar os logros das políticas lingüísticas levadas a cabo na última década e servir de guía para intervir naqueles ámbitos nos que se requira corrixir erros, mellorar resultados e deseñar procesos de intervención acaídos á nova realidade.

A investigación que aquí se presenta persegue unha dobre finalidade: facer unha diagnose da actual situación sociolingüística galega comparándoa coa reflectida no MSG-92, e sentar as bases para futuras accións de cara á normalización do galego.

Ten continuación no voulme II, Usos lingüísticos en Galicia, e mais no volume III, Actitudes lingüísticas en Galicia.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.