Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume III: actitudes lingüísticas en Galicia

Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
O presente volume do Mapa sociolingüístico de Galicia 2004 (MSG-04) está dedicado ás actitudes cara ás linguas en Galicia. É a terceira publicación monográfica dos resultados das enquisas sociolingüísticas realizadas a finais do ano 2004 sobre unha ampla mostra da poboación galega.
Neste traballo móstranse os resultados da medición directa das actitudes lingüísticas e doutros construtos relacionados como son as opinións, as predisposicións motivacionais e os estereotipos. Os contidos da monografía organízanse en dúas seccións diferenciadas:
- Unha Introdución Teórica na que se presentan os conceptos fundamentais relacionados con este eido de estudo, o marco teórico xeral no que se sitúa a investigación así como a análise diacrónica da investigación realizada sobre o fenómeno actitudinal en Galicia.
- O Estudo Empírico organizado coa estrutura convencional dun informe científico.
No último capítulo ofrécese unha síntese das principais conclusións que se derivan deste traballo e a discusión dos resultados en relación aos obtidos en estudos previos.