Estudos de Onomástica Galega III. Os alcumes

Estudos de Onomástica Galega III

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-13 (15)

978-84-947823-4-3

Número de depósito legal (17)

C. 2389-2018

Data de publicación (11)

2018

Autores/as

Ana Isabel Boullón Agrelo
Editor/a literario/a

Resumo

Os alcumes constitúen unha parte importante da antroponimia non oficial, aínda que, igual cós apelidos, están ligados á familia e adoitan transmitirse de xeración en xeración. En Galicia teñen vitalidade especialmente en ámbitos vilegos e rurais, pero, ao iren mudando os modos de vida, están comezando a minguar. Ademais, como non se consignan nos rexistros, faise necesario traballo de campo en cada zona para recadalos.
Esta xornada proponse deitar luz sobre eles desde diversas perspectivas: a antropoloxía, os seus inicios na Idade Media, a caracterización lingüística, a súa fixación nos apelidos e unha proposta didáctica baseada nunha área de Pontevedra, A Moureira. Ademais, examinaranse os xentilicios festivos e a escolla dos nomes dos editores da Wikipedia.
A maiores do núcleo temático central, a xornada pretende mostrar algunhas vías multidisciplinares do estudo da onomástica e a súa utilidade en áreas distantes entre si: os estudos literarios, a botánica e a historia medieval.
Ana Boullón

Índice

Limiar. Sobre os outros nomes das persoas.
Víctor Fernández Freixanes

I. Relatorios

  • Antropoloxía do alcume: casuística nunha comunidade rural.
    Xoán Carlos García Porral
  • Alcumes e sobrenomes medievais en Galicia.
    Rosario Soto Arias
  • Aproximación á clasificación dos alcumes en Galicia.
    Lidia Gómez Martínez
  • Os alcumes da Moureira: nomes con historia.
    Anxos Rial Vidal
  • Os sobrenomes nos apelidos.
    Luz Méndez
  • Alcumes colectivos no Portal de ditados tópicos galegos.
    David Rodríguez
  • Nomes de usuario/a de editores/as da Wikipedia. Motivacións da escolla.
    Adrián Estévez Iglesias

II. Perspectivas multidisciplinares no estudo da onomástica. Mesa redonda

  • Coa faz á terra volta. Toponimia e poesía en Eduardo Pondal.
    Manuel Ferreiro
  • A toponimia nos estudos ecolóxicos.
    Jaime Fagúndez
  • A toponimia galega e a Alta Idade Media.
    A utilización de bases de datos toponímicas no estudo e a xeolocalización do tempo histórico.
    Marcos Fernández Ferreiro e Jo´sé Carlos Sánchez Pardo

 

Deputación de Pontevedra

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.