Usos lingüísticos en Galicia: compendio do II volume do mapa sociolingüístico de Galicia

Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Calquera investigación macrosociolingüística que pretenda ser rigorosa e completa debe dedicar unha parte importante do seu contido á análise dos comportamentos lingüísticos da poboación obxecto de estudo, porque o coñecemento das condutas lingüísticas dos falantes constitúe un dos instrumentos máis fiables para avaliar a situación social das linguas faladas nun territorio. De aí que este compendio do segundo volume do MSG, fiel ao seu obxectivo de afondar na realidade sociolingüística galega, considere a descrición dos comportamentos lingüísticos como un dos mellores recursos para dar razón do estado actual da lingua galega e das perspectivas que se derivan do mesmo.
Este estudo procura poñer ao alcance do lector, sen faltar aos principios científicos de rigor, obxectividade e coherencia, a complexidade e diversidade de situacións que abeiran as condutas lingüísticas en Galicia. Esta preocupación non pretende outro obxectivo último que axudar a entender mellor a realidade sociolingüística de Galicia.