Os Eoas

Os Eoas

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-10 (02)

84-7824-477-8

Número de depósito legal (17)

C. 2824-2005

Data de publicación (11)

2005

Autores/as

Eduardo Pondal
Autor/a
Manuel Ferreiro
Editor/a literario/a

Resumo

O labor de edición d'Os Eoas permitiu fixar un texto que coidamos reflexo da derradeira vontade pondaliana: un poema constituído por 285 oitavas.

O coñecemento cabal de toda a produción pondaliana amplía os horizontes lingüístico-literarios da literatura galega renacente, en que Pondal cumpre ou podería ter cumprido unha función semellante á de Camões na literatura portuguesa ou de Dante na literatura italiana, realizando unha importación masiva de vocabulario clásico que nas culturas normalizadas se produciu entre os séculos XV e XVI e actualizando literariamente o noso idioma. Só a partir da verdadeira textualidade da produción de Pondal se poderá recuperar para o presente unha obra que pode contribuír a marcar o camiño no necesario proceso de actualización, normalización e expansión do galego.

A intención da edición presentada nas páxinas que seguen é a de exhibir e preservar para o futuro a obra que máis ocupou e preocupou o noso autor.

Tomo I, complementado co tomo II, Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.