Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume II: usos lingüísticos en Galicia

Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega
Autor/a
Manuel González González
Director/a
Modesto A. Rodríguez Neira
Coordinador/a

Sinopse

Esta nova achega do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 (MSG-04) céntrase nos usos lingüísticos, dimensión que resume a información máis importante e significativa dun diagnóstico sociolingüístico. Mediante o estudo dos usos lingüísticos pódese cuantificar o número de falantes dunha determinada lingua e observar a súa distribución xeográfica e social. Ao mesmo tempo, nas situacións de linguas en contacto, o uso reflicte o status que se lle atribúe a cada lingua e suxire cal é a orientación das actitudes lingüísticas dunha poboación.

Por outro lado, os usos lingüísticos tamén poden dar información sobre a esfera das competencias, dada a coñecida relación entre o uso dunha lingua e o seu maior coñecemento, por non falarmos doutros factores importantes como a identidade, a seguridade lingüística, os prexuízos cara ás linguas, a converxencia cara ao interlocutor, a identificación co grupo etc.

A investigación que aquí se presenta persegue unha dobre finalidade: ofrecer unha diagnose da actual situación sociolingüística galega e comparala coa reflectida no MSG-92. Os resultados, á parte de contribuír a coñecer os logros das políticas lingüísticas aplicadas neste período, deben ser unha referencia para futuras intervencións naqueles ámbitos nos que se requira corrixir erros, mellorar resultados e deseñar procesos de intervención acaídos á nova realidade.

Cuberta para Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume II: usos lingüísticos en Galicia

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-13 (15)
978-84-87987-44-1 (v.II)
Número de depósito legal (17)
C. 4591-2008
Data de publicación (01)
2008