Obra completa: vol. I. Prosa

Obra completa vol.I

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-13 (15)

978-84-9752-063-8

Número de depósito legal (17)

C. 412-2012

Data de publicación (11)

2012

Autores/as

Manuel Antonio
Autor/a
Real Academia Galega
Editor/a
Fundación Barrié
Editor/a
Xosé Luís Axeitos
Editor/a literario/a

Resumo

Este volume, que recolle a obra en prosa de Manuel Antonio, forma parte dun proxecto conxunto entre a Real Academia Galega e a Fundación Barrié e permitirá, por fin, a publicación da obra completa do escritor rianxeiro. Ten continuidade no volume II (poesía) e mais no volume III (epistolario). O devandito proxecto inaugura tamén unha nova colección, con vocación de futuro, que se denominará Clásicos da Academia.

Dividimos os textos deste primeiro volume en dous apartados: no primeiro −Prosa literaria− agrúpanse textos con horizonte artístico-literario, estético; no segundo −Prosa ensaística− recollemos, encabezados polo manifesto Mais alá!, aqueles escritos teóricos, de natureza doutrinal, que expoñen as ideas e fundamentos teóricos en materia literaria, musical e artística en xeral. Pareceunos axeitado dividir este apartado segundo, atendendo á súa temática, en textos literarios e textos de natureza política. Malia esta ordenación, os textos están solidamente anoados polo compromiso firme de Manuel Antonio con Galicia. Neste senso os textos revelan un inusual equilibrio entre o raciocinio do teórico e a paixón coa que defende os seus ideais políticos. O seu ideal de conquistar un espazo de liberdade política e autonomía literaria para Galicia, máis alá do seguimento de consignas políticas e partidistas, levouno á defensa irrenunciable da nosa lingua, da nosa bandeira, da nosa música, dos nosos mariñeiros e da nosa paisaxe. Calquera que sexa a valoración estética da obra de Manuel Antonio ningún lector lle poderá negar a fecunda ambición coa que abordou todas as súas empresas literarias, sempre ao servizo de Galicia.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.