Obra completa: vol. III. Epistolario
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Coa aparición deste Epistolario conclúe a publicación da Obra completa de Manuel Antonio, iniciada co volume I (prosa) e mais co volume II (poesía).
O corpus de correspondencia achéganos o seu universo humano, co pobo de Rianxo como fondo, un lugar de encontros entre o cotián e o universal onde se fraguaron personalidades de primeira liña no galeguismo dos anos vinte. As cartas permiten iluminar aspectos da vida do poeta apenas tidos en conta e seguir a construción da súa extraordinaria personalidade artística e intelectual. Amor, relacións familiares, fidelidade ás ideas, aprendizaxe e mestría, complicidades persoais, desenganos e anhelos, compoñen o rico tapiz, que serve para coñecer máis o poeta que introduciu as vangardas na nosa literatura.
O epistolario de Manuel Antonio é unha fonte de datos que transcende o fin concreto da comunicación, permitíndonos franquear a porta da súa intimidade. Aínda sendo conscientes de que non hai verdade documental capaz de penetrar na intimidade das persoas, as cartas de Manuel Antonio achégannos información sobre certos trazos singulares do seu carácter. Se engadimos o inmenso aparato de datos externos que nos proporciona o epistolario de Manuel Antonio, este constitúese como fonte inevitable de calquera estudo biográfico.