Obra completa: vol. II. Poesía

Obra completa vol.II

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-13 (15)

978-84-9752-111-6 (v.II)

Número de depósito legal (17)

C. 1012-2014

Data de publicación (11)

2014

Autores/as

Manuel Antonio
Autor/a
Real Academia Galega
Editor/a
Fundación Barrié
Editor/a
Xosé Luís Axeitos
Editor/a literario/a

Resumo

Como continuación do plan editorial exposto no volume I, relativo á prosa, presentamos arestora a poesía de Manuel Antonio, tarefa nada doada se temos en conta a especial esixencia e a intensa paixón coa que o autor rianxeiro tratou a súa obra. Para Manuel Antonio a palabra poética tiña unha aura especial, unha especie de sacralidade única e intransferible.

Agrupamos o corpus poético de Manuel Antonio arredor dos títulos seguintes: Con anacos d'o meu interior (1920-1922), Foulas (1922-1925), Sempre e mais Dispois (1923), De catro a catro (1926-1928) e Viladomar (1918). Ata aquí os títulos dispostos e ordenados polo autor; o resto dos poemas, un amplo conxunto de máis de corenta textos, están agrupados a maioría co título de Outros poemas (1918-1929) agás os catro poemas, tres en castelán e un en francés, que están encabezados polo título Poemas noutras linguas (1918-1923). Estes dous últimos títulos, que nós optamos por ordenalos cronoloxicamente, agrupan poemas de todas as etapas da vida do poeta e abondan, entre eles, os manuscritos de traballo. Aqueles poemas, menos de vinte, que non están datados polo autor optamos por situalos nós no contexto da súa obra e neste caso o ano figura entre corchetes.

No volume III da Obra completa inclúese o epistolario do autor rianxeiro.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.